Ribadeo, 6 de novembro de 2024. Ribadeo inicia a modificación urbanística para crear un aparcadoiro municipal na Avenida Rafael Fernández Cardoso. Este foi un dos asuntos aprobados na sesión plenaria extraordinaria e urxente celebrada na noite de onte.
O alcalde, Dani Vega, contou que “na pasada noite celebramos un pleno no que activamos unha inversión de 950.000 euros para planificar o ano 2025 e o 2026. É importante ter unha planificación orzamentaria e así ter esa capacidade de xestión. Evidentemente, se queremos arranxar todas as rúas que temos moi deterioradas en Ribadeo como poden ser a rúa da Pa, a rúa San Francisco, certos puntos da Avenida de Galicia, tamén a rúa Vilalba ou o barrio da Torre, que levan reclamando desde aproximadamente o 1985 poder actuar, ou Alza San Lázaro e Suso Peña, necesitamos ter unha capacidade orzamentaria municipal para acudir ás distintas subvencións ou convenios. É dicir, nun Plan Urbe, unha porcentaxe pona a Xunta, pero a outra pona o Concello. E non podemos ir a outras partidas presupostarias porque se non vamos ter algún problema económico en certas partidas”.
O rexedor considera que “debemos ter concretado orzamento, si queremos actuar en varias rúas de Rinlo a través de proxectos Urbe, pásanos o mesmo, debemos ter esa cantidade aprobada orzamentada e así ter unha planificación, como dixen, no ano 2025 e tamén no 2026”.
Vega contou que “tamén queremos mellorar as instalacións deportivas. Somos todos conscientes da problemática do pavillón, que eu sempre digo aí hai máis caldeiros que en todo o Ribadeo, ou tamén no pavillón de Cubelas. Ter unha cantidade xa aprobada e así trasladar que hai un firme convencemento de que debemos ter un campo de herba artificial ou actuar tamén en certas melloras no Pepe Barrera. Tamén debemos ter esa capacidade orzamentaria. Estamos xestionando coa Secretaria Xeral de Deporte partidas presupostarias, pero debemos saber que administracións nos van axudar. Estamos agarrando a resposta da Deputación e da Xunta de Galicia xa estamos tendo as primeiras reunións e todo vai por bo camiño”.
O alcalde seguiu a relatar: “entendemos que tamén debemos actuar no auditorio, dado que o escenario ten certas problemáticas, que varias compañías musicais ou teatrais nos están trasladando. Polo tanto aquilo que diciamos na oposición estamos demostrando que dende o goberno estamos investindo. Ou na praza de abastos ou tamén investir na mellora do alumeado público”.
Dani Vega subliñou que “tamén aprobamos algo moi importante. Cando estabamos na oposición, diciamos por activa e por pasiva que non tiñamos uns bos aparcadoiros, máis ven tiñamos lameiros. Eu sigo dicindo o mesmo, e desde o Concello estamos dicindo que nestes momentos non temos uns aparcadoiros ben preparados. O que debemos é actuar, non hai que lamentarse. E actuar qué significa? Buscar unha parcela. Neste caso buscámola, unha zona onde hai unha capacidade para aproximadamente 200 vehículos, na rúa Rafael Fernández Cardoso, unha parcela que non ten un uso concreto e urbanisticamente dende os técnicos municipais e dende a Xunta de Galicia, que debemos facer esa modificación do PXOM e por iso o aprobamos con urxencia porque ten a tramitación bastante farragosa. Polo tanto debemos anticiparnos, non debemos perder moito tempo e por iso un pleno urxente pareceunos o mais convinte, non perder o tempo e actuar en consecuencia”.
Outros asuntos abordados no pleno de onte á noite foi a modificación dalgunhas ordenanzas fiscais: “tamén modificar certas ordenanzas fiscais, que debemos contemplar no orzamento de 2025, e tamén aprobar a bandeira e o escudo. Pois todo isto foi o que aprobamos neste pleno. Hai que destacar que no aparcadoiro municipal hai unha proposta tamén do Partido Socialista, que entendemos que tiñan razón, e por si a admitimos e agradecemos esa proposta, que é dotar ao aparcadoiro dun espazo para cargadores eléctricos públicos. Agradecemos a proposta e entendemos que había que incorporala e así vai a ser”.
Para o rexedor: “entre todos podemos mellorar Ribadeo, entre todos debemos sumar. Lamentamos a actitude doutro partido da oposición, que abandonou o pleno, non xustificando moi ben o porqué, tamén lamentamos que non asistira un concelleiro dese partido, entendemos que parece que hai algún tipo de problema, pero é que eu non entro nin a valorar nin a facer ningún tipo de comentario. Cada un sabe o que ten que facer, nosoutros, por suposto, actuar, xestionar e así buscar esa inversión necesaria para mellorar o Ribadeo que queremos todos”.