As Pontes, 4 de novembro, 2024. O corpo do único ocupante do vehículo foi localizado flotando na auga.
Ás 11 horas o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular que informaba que estaba a ver un coche que se saíra da vía e acabara nun río ubicado no Lugar Pereiro, na parroquia de A Faeira, en As Pontes. O alertante indicaba que o coche non estaba somerxido por completo, pero non era capaz de visualizar se había alguén no interior.
De inmediato, pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Mugardos e aos Bombeiros de Vilalba, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Cando os equipos de emerxencias chegaron ao punto informaron aos xestores de emerxencias da localización do corpo do único ocupante do vehículo flotando na auga, desgraciadamente sen vida.