Demetrio Salgueiro explica que hoxe vimos a un presidente da Deputación “nervioso e sen proxecto” que durante a súa intervención “amosou de novo a súa obsesión por facer oposición á Xunta de Galicia e que en lugar de detallar as contas provinciais so quixo confrontar constantemente co goberno autonómico”
Lugo, 4 de novembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo desprazáronse hoxe ata o Parlamento de Galicia para coñecer parte do proxecto de orzamentos do goberno provincial para 2024, “no que é unha clara mostra de falta de respecto e lealdade institucional” de José Tomé e o seu equipo de goberno que “antes de presentar o seu proxecto de presupostos para o vindeiro ano a todos os lucenses, prefire ningunealos e facer, una ano máis, a primeira valoración fóra da Deputación de Lugo”.
Para os populares “esta falta de lealdade institucional é unha nova mostra da falta de altura política de José Tomé que nin sequera ten a valentía de sentarse a dialogar co grupo maioritario da corporación sobre as contas provinciais para 2025, como tampouco se senta a escoitar a máis da metade dos alcaldes da provincia, nin aposta por dar solución aos problemas reais que lle entregamos no documento de propostas do PP para orzamentos”.
Ata Santiago de Compostela desprazáronse o vicevoceiro, Demetrio Salgueiro; e o deputado Jesús Núñez, que amosaron o seu malestar “por ter que coñecer por primeira vez algunha pincelada dos orzamentos e fóra da provincia de Lugo” xa que “un ano máis Tomé presenta as contas fóra da Deputación e as emprega para lanzar ataques continuos á Xunta de Galicia en lugar de falar sobre como resolver os problemas que afectan á provincia de Lugo”.
Demetrio Salgueiro lamenta que a “única reflexión real” que fixo José Tomé dos orzamentos provinciais para 2025 foi anunciar que chegarán ata os 130M€, “o resto da súa intervención foi un ataque constante á Xunta de Galicia, xusto o que non necesitan os lucenses, que precisamos unha Deputación que sexa motor da provincia, buscando solucións en lugar de enfrontamentos”.
Para o Grupo Popular “é decepcionante” que Tomé “venda como o plan estrela do seu goberno” o Plan Deputación que, segundo a súa intervención subirá un 1% cando os orzamento da Deputación subirá un 12%. “Todo apunta a que unha parte importante do orzamento da Deputación irá destinada a convenios cos seus alcaldes amigos”, denuncian. “A realidade é que esa subida será unicamente para os cinco concellos da provincia con máis recursos”.
Os populares lamentan que José Tomé “non fixo nin unha soa referencia” á posible apertura do centro de día e residencial comarcal en Becerreá, polo que “todos eses anuncios que realizou nas últimas semanas son mentiras e fume ao non detallar nin unha soa partida orzamentaria concreta para a contratación do mobiliario, equipamento do inmoble e contratar o persoal necesario para asegurar a prestación do servizo”, como tampouco houbo referencia algunha á construción das comprometidas, como o caso de Folgoso do Courel ou Portomarín.
MÁIS DE 50 PROPOSTAS PARA OS 67 CONCELLOS DA PROVINCIA
Os deputados do Grupo Provincial Popular recordan como “nós fixemos o traballo que non realiza o goberno provincial” polo que “ademais de manter contactos diarios cos veciños e o tecido asociativos e empresarial, sentámonos cos 67 alcaldes e portavoces do PP na provincia para coñecer de primeira man as necesidades de cada municipio”, xuntanzas tralas que se elaborou unha batería de máis de 50 propostas, organizadas en 13 eixes, para que PSOE e BNG as tiveran en conta nos orzamentos do vindeiro ano.
“Lamentablemente, tanto socialistas como nacionalistas amosaron a súa faciana máis autoritaria e decidiron nin telas en conta de cara aos orzamentos do vindeiro ano, a pesar de que son peticións de todos os veciños da provincia”, sinalaron.
Comunicacións
A principal demanda en 66 dos 67 concellos da provincia. O mal estado da rede viaria provincial, para o que se pediu aumentar o orzamento destinado a este fin en 10M€. Ademais, é necesario realizar actuacións periódicas en seguridade, limpeza ou acondicionamento de cunetas rebasables en zonas complicadas, entre outras.
Cooperación cos concellos
Seguir apostando polo plan máis solidario que ten esta Deputación, o Plan Deputación, froito da conversa e o acordo entre PP e PSOE. 10M€ máis para ese plan.
Tamén é importante implicar á Deputación no tratamento de residuos, liderando unha contratación conxunta entre aqueles concellos que así o soliciten.
Mantemento
Mellorar o mantemento e a posta en marcha de bens de titularidade da Deputación de Lugo, como o Pazo dos Deportes, a Casona do Incio, AugasMestas ou as zonas verdes deste municipio e outras que teñen pola provincia.
Ciclo da auga
Axudar economicamente e tecnicamente aos concellos na presentación de solicitudes de subvencións, liderando plans conxuntos para optar a fondos europeos.
Cultura
Apoiar o Camiño de Santiago eliminando aqueles puntos perigosos na rede de estradas provincial e acondicionando sendas peonís, onde sexa posible, así como apoiar á Vía XIX e a Vía Küning.
Impulsar os museos provinciais, así como estudar a posibilidade de asumir o Museo da Prehistoria de Vilalba, de titularidade municipal e que está pechado pola incapacidade do Concello.
Turismo
Elaborar un Plan Estratéxico de Turismo para a provincia e apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Atención aos maiores
Abrir de inmediato os centros de día pechados, abrir a residencia de Becerreá., así como axilizar a construción daquelas residencias en obra, así como impulsar os proxectos daquelas comprometidas e que non tiveron avances, como as de Courel, Portomarín, Pantón, Saviñao, Cervantes ou Ourol.
Animais
Colaborar cos concellos na recollida de animais abandonados, creando para iso tres centros de acollida, un na zona norte, outro no centro e un terceiro no sur.
Sector primario
Apostar polo sector primario de xeito real coa creación de varias liñas de axuda para fomentar a formación de traballadores ou a dixitalización do sector.
Mar
Apostar decididamente por este sector, esquecido por PSOE e BNG dende a Deputación.
Emprego
Apoiar a creación de emprego e o asentamento industrial, así como realizar campañas de captación de industrias para os polígonos industriais provinciais.
Deportes
Apoiar o deporte, axilizando a concesión de subvención, así como mantendo as instalacións deportivas na provincia como o Pazo dos Deportes ou a Escola de Piragüismo.
Xuventude
Apoiar á xuventude, que é o futuro da provincia, para que non teñan que marchar máis mozos e mozas buscando fóra as oportunidades que non hai en Lugo.