NOTA DE PRENSA
REUNIÓNS INFORMATIVAS DA ESCOLA LARANXA
A EDM Burela FS está desenvolvendo durante estes días unha serie de xuntanzas informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado, co fin de explicar a situación de cada equipo, o formato de competición na que participará e outras incidencias relacionadas coa tempada 2010-11.
O director da escola, Alfonso Mera, e os monitores xa se reuniron co Prebenxamín A, Prebenxamín B, Benxamín B e Infantil Masculino onte e hoxe, no IES Monte Castelo e no hotel Nordés. O resto das categorías recibirán información entre mañá e o luns 8 de novembro.
Venres 29 de outubro
Localización: IES Monte Castelo
16.15 horas: Alevín B
17.15 horas: Benxamín A
18.15 horas: Infantil Feminino
Localización: Hotel Nordés
19.30 horas: Alevín A
Luns 8 de novembro
Localización: IES Monte Castelo
20.15 horas: Benxamín C