O Centro de Orientación e Emprego, en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organiza o curso de Extensión Universitaria “Técnicas de Estudio Autorregulado 24/25”. Unha actividade que contribúe a que os alumnos coñezan as características e esixencias do seu modelo educativo, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo. Pretende ser un apoio inicial, en especial, aos novos estudantes que lles permita abordar con éxito os seus estudos universitarios a distancia. Este curso será impartido por Miguel Guerra Rodríguez licenciado en Psicoloxía e titor en UNED Lugo e en UNED Ourense. Realizarase en liña en directo ou en diferido os días 28 ao 29 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas. Máis información e matrícula en: https://extension.uned.es/actividad/39645&codigo=TDEA2
A UNED de Lugo convida coñecer a súa metodoloxía de aprendizaxe
A UNED de Lugo convida coñecer a súa metodoloxía de aprendizaxe
Relacionado
-
Ortigueira mellora o acceso ao Banco de Loiba coa rehabilitación do Camiño Natural do Roteiro do Cantábrico
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia
-
O Concello de Cariño acollerá este domingo, 24 de novembro, o espectáculo de maxia ‘Igualdade, onde estás?’, a cargo da artista A Meiga Fani