O voceiro popular, José María Fernández, explica que o curso desenvólvese en dúas xornadas, unha celebrada no día de onte e outra o vindeiro 14 de novembro. En cada unha destas xornadas participarán 18 veciños de Trabada e “deste xeito queremos dar resposta a unha petición destes veciños, moi preocupados por aprender estas técnicas de axuda en momentos de emerxencia”.