As medidas en materia de eficiencia enerxética, a plantación de árbores autóctonas ou o control ecolóxico de especies invasoras son algunhas das accións que contribuíron a que fose outorgado este distintivo
Cervo, 18 de outubro, 2024. A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse esta mañá ata Laracha, para recoller o distintivo, da man da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez; un galardón co que a Xunta de Galicia premia e recoñece o esforzo e a implicación dos concellos galegos e da súa veciñanza, na protección dos elementos máis representativos da comunidade: a paisaxe e o patrimonio natural.
A rexedora agradeceu o recoñecemento “un logro que non é só un símbolo, senón un compromiso renovado para seguir a traballar neste eido”, apostando polas accións de sensibilización e buscando a implicación e a colaboración sempre da veciñanza.
Este premio é un recoñecemento para todos/as” –precisou- xuntos seguiremos traballando para reducir a pegada ecolóxica e asegurar un futuro máis saudable para as vindeiras xeracións. Non é un logro individual, senón o reflexo dun esforzo colectivo no que seguiremos afondando gracias á resposta que está a ter sempre a veciñanza de Cervo.
Entre as medidas que contribuíron a que nos fose outorgado este distintivo –explica- foron diferentes accións en materia de eficiencia enerxética, a estratexia de reforestación con árbores autóctonas ou a aposta por promover a compostaxe doméstica, entre outras.