Burela, 14 de outubro de 2023. A Asociación Esperanza colocará o vindeiro xoves 17, Día Internacional contra o cancro de mama, mesas para recaudar fondos para a loita contra o cancro, o obxectivo fundamental do colectivo. As mesas estarán situadas nos lugares de costume, a Praza do Concello e o Hospital da Mariña, para que todas aquelas persoas que desexen aportar fondos para axudar á investigación para a detección, tratamento e curación do cancro poidan facelo.
Esperanza agarda unha ampla colaboración da veciñanza, dado que o cancro é unha enfermidade que afectou, afecta e afectará a moitas personas, e que existe moita conciencia cidadá para facerlle fronte á mesma.
APORTACIÓN ECONÓMICA A GEICAM
Esperanza fará nos vindeiros días unha aportación económica de 1.500,00 euros ao Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama, GEICAM, un grupo de investigación que conta con máis de 900 expertos en 200 centros sanitarios en toda España.
Constituido en 1995, GEICAM ten como obxectivo promover a investigación clínica no campo do tratamento do cancro de mama, así como a educación médica e a divulgación desta patoloxía na sociedade.
O colectivo xa leva anos facendo aportacións económicas a GEICAM, e a outras entidades adicadas á investigación do cancro, gracias ás achegas que a veciñanza fai a través das mesas coloca Esperanza, de donativos, ou mercando lotaría, calendarios, etc. Este ano serán un total de 8.000,00 euros os que se donarán a catro entidades, o Centro Oncolóxico de Galicia, a fundación Somos unidos por el cáncer e a Fundación de Investigación Sanitaria, amais de GEICAM.