O seu obxectivo é que as nais e pais conten cun lugar onde debater e reflexionar sobre a crianza dos fillos e fillas, coñecendo actividades coas que contribuír ó seu desenvolvemento integral
Burela, 11 de outubro de 2024. O Concello de Burela acolle as xuntanzas do “Espazo das Familias” organizado pola Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Nelas realízanse diversas actividades de estimulación temperá para a cativada de 0 a 6 anos.
Estas actividadades están pensadas para estimular os sentidos, o desenvolvemento da psicomotricidade fina e grosa, o desenvolvemento cognitivo, a linguaxe, a comunicación a coordinación óculo-manual, a aprendizaxe sobre a natureza e a regulación emocional.
O seu obxectivo é que as nais e pais conten cun lugar onde debater e reflexionar sobre a crianza dos fillos e fillas, coñecendo actividades coas que contribuír ó seu desenvolvemento integral, a través do encontro con outras familias e con profesionais da educación.
Nas últimas sesións días realizáronse colchonetas con globos e bolsas de valeiro, experimentos con froitos do outono sobre papel branco ou sesións de contacontos, e se falou sobre os períodos sensibles segundo Maria Montessori.
Poderase acudir a estas xuntanzas independentemente de que o cativo ou cativa asista á escola infantil. Para inscricións ou para máis información pódese contactar co teléfono 670 143 620 ou no correo olaiacao@gmail.com