A empresa encargada do servizo comprometeuse no día de onte a correxir as eivas
A Pontenova, mércores 9 de outubro. Desde hai máis dun ano, as usuarias e usuarios da vivenda comunitaria da Pontenova que pertenece ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia venen formulando queixas pola calidade da comida servida por unha empresa de cátering. O BNG desde un primeiro momento estivo en contacto cos usuarios e usuarias deste servizo, que son nove agora mesmo. O concelleiro Xorxe Gómez Rico mantivo contactos durante todo este tempo cos maiores aloxados na vivenda facendo seguimento da situación da mesma. Así mesmo o deputado mariñao Daniel Castro reuníuse tamén con eles e Olalla Rodil que tamén recolleu as súas demandas rexistrou iniciativas ao respecto no Parlamento.
No día de onte, un representante da empresa reuníuse cos usuarios e ante o portavoz dos mesmos, Manuel Pérez Vázquez e máis do edil nacionalista Xorxe Gómez Rico comprometeuse a correxir as eivas e normalizar o servizo para que sexa ofrecido nas debidas condicións. Esta actitude por parte da empresa foi valorada positivamente polos residentes.
As persoas maiores non poden ser consideradas meras receptoras de servizos. Teñen dereitos
Desde o BNG congratúlanse de que este problema entrara e vías de solución e recordan tamén que en materia de servizos sociais e atención ás persoas maiores hai que impulsar un modelo que supere a consideración das persoas usuarias dos servizos sociais en xeral e das maiores en particular, como meras receptoras de servizos para ser consideradas suxeitos de dereitos, e promover a súa capacidade de decisión, plena e autónoma, a súa participación así como o desenvolvemento do seu proxecto de vida gararantido os medios e apoios para tal fin.