Ocorreu no monte de Barcela, en Lamas de Moreira. O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través das urxencias sanitarias, uns vinte minutos antes das 19:00 horas desta tarde. Segundo a persoa que alertou, a un operario caéralle un piñeiro enriba das pernas, aínda que non se atopaba atrapado. Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada. Aínda que o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o ferido sería atendido e trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia.
Un traballador foi trasladado logo de caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada
Un traballador foi trasladado logo de caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada
Relacionado
-
O Concello de Vilalba acada a colaboración da Deputación para arranxar a estrada LU-P-0106 na parroquia de Corvelle
-
A Deputación condena na Praza de San Marcos a violencia machista nun 25N negro
-
O PP pedirá no pleno da Deputación o apoio de PSOE e BNG para o desenvolvemento da provincia no ámbito industrial e das comunicacións