A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ofreceu a total colaboración do Goberno para que as festas das San Lucas de Mondoñedo se celebren un ano máis coas máximas garantías de seguridade, nesta ocasión co compromiso de incrementar os efectivos policiais para a vixilancia e control do evento. Nesta liña, Rodríguez explicou que as Forzas e Corpos de seguridade do Estado colaboran estreitamente coa asociación As San Lucas, organizadores desta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, así como co Concello, para que a programación de actividades previstas se desenvolva con normalidade e As San Lucas continúen sendo un reclamo turístico consolidado na provincia.
Isabel Rodríguez coordina o dispositivo de control e vixilancia para As San Lucas garantindo a colaboración do Goberno a través das forzas e corpos de seguridade
Isabel Rodríguez coordina o dispositivo de control e vixilancia para As San Lucas garantindo a colaboración do Goberno a través das forzas e corpos de seguridade
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela