Será o venres 11 de outubro e traerá ata a localidade á cantante Lara Hoevenaar, unha recoñecida voz dentro do panorama jazzistico. Estará acompañada polo asturiano Marco Martínez, profesor da Escola de Música Moderna de Oviedo e director do Seminario de Improvisación de Siero, xunto ao que ofrecerá un repertorio en homenaxe ás grandes voces femininas do jazz clásico dos anos 20 e 30 no que non faltarán nomes como os de Bessie Smith, Billie Holliday, Ela Fitzgerald ou Sarah Vaughan. Pola súa banda, o equipo do restaurante deseñará un menú específico para esta convocatoria. As prazas son limitadas e é imprescindible reserva.
O restaurante El Oviedo de Ribadeo retoma o seu ciclo de actividades cun concerto de jazzEl calendario de actividades
O restaurante El Oviedo de Ribadeo retoma o seu ciclo de actividades cun concerto de jazzEl calendario de actividades
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
Acisa Ribadeo entrega de forma gratuíta 4.800 novas bolsas para o comercio asociado
-
Ribadeo recibe o premio á xestión deportiva, que concece Agaxede