“Trátase dun caso claro de interese público e social dado que coas novas taxas propostas por Cajoto haberá usuarios que teñan que deixar a residencia”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira
Foz, 24 de setembro de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz volverán a votar en contra por terceira vez á adxudicación da Residencia de Maiores mentres non se resolva antes o tema das axudas. O goberno municipal volve a levar a pleno a adxudicación da residencia sen ter solucionado como vai a colaborar o Concello neste servizo que podería ser a través dun canon, como propón o Partido Popular, ou modificando a ordenanza das axudas de emerxencia.
“Son innumerables as testemuñas de familiares de usuarios e, incluso, de residentes que nos están a dicir que cos novos prezos que propón o alcalde non poderían pagar este servizo polo que se trata dun caso claro de interese público e social dado que coas novas taxas propostas por Cajoto haberá usuarios que teñan que deixar a residencia”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
Así, é competencia municipal axudar ás persoas con menos recursos ou que queden en desamparo máis, aínda, cando se trata de persoas maiores polo que Javier Castiñeria considera “incomprensible a falta de humanidade do señor Cajoto e do Partido Socialista de Foz”.
“Os concelleiros do PP non vamos a ser partícipes desta sen razón e inxustiza por moito que insista o alcalde en levar este asunto a pleno por terceira vez ou lance ameazas veladas sobre posibles responsabilidades persoais se nos opoñemos”, finaliza o voceiro popular.