Muimenta, 21 de setembro de 2024. Co propósito de levar a visibilidade e a reflexión social en relación co alzheimer máis aló do Día Mundial que se celebrou este sábado -21 de setembro-,a Rede Museística Provincial puxo en marcha o proxecto “21 S(empre) que propón esta demencia e as consecuencias nas persoas enfermas e no seu entorno como temática creativa.
A iniciativa conta coa implicación dunha vintena de artistas vinculados á Mariña Caxigueiro, Juanel, Celso Dourado, Mauro Leivas, Martín Lestao, Belén Mogo, Neira Brochs, Chus Lage, Carmen Llonín, Ignacio Castro “Nachok”, Galiensoup, Lu Vila, Julián Bouza, Alicia Puchades, Carmen Porteiro, Pedro Cabarcos, María Martín, David Catá, Hipólito Xeada, Laura Díaz, coa redeira Mª Jesús Alonso López e co alumnado do IES Alfoz-Valadouro, coordinado por Paz Quiroga,que. Nesta última semana recibiron o material e a encarga para esta acción creativa. A presentación das obras farase o 21 de novembro mo Museo do Mar de San Cibrao.
O proxecto dá continuidade a colaboración que a Rede Museística Provincial mantén co tecido asociativo e asistencial desde a súa creación, articulado a través do programa “Conserva de Memori(AS)”. Nese marco xurdiu a mostra “Memorias en lata” que garda “en conserva” os recordos dos usuarixs das asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da Mariña, AFAN Burela e AFA Viveiro, e que pode verse no Museo do Mar de San Cibrao.