Viveiro, 20 de setembro, 2024. Na zona de entrada ós garaxes do edificio Ria de Viveiro, na Avenida de Ferrol, a beirarrúa esta moi deteriorada, como se pode ver na imaxe que se xunta, con varías fochancas e lousas rotas, feito que pode ocasionar situacións de risco para a seguridade das persoas que transitan diariamente pola devandita beirarrúa.
Maleza na contorna da igrexa de San Francisco
Por outra banda, na zona da igrexa de San Francisco colindante co Cantiño Lois Tobio a maleza invade parte das fachadas, feito que da lugar a unha imaxe de desleixo e abandono de toda a contorna. Rogamos ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a reparación das mencionadas deficiencias.