Segunda xornada da liga ante o ARRIVA AD Alcorcón nun encontro moi emocionante e competido no que as locais logran empatar nos últimos segundos de xogo
Burela, 14 de setembro, 2024. Este sábado celebrouse a 2ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que o Pescados Rubén puido presentar ao seu equipo ante un dos conxuntos máis perigosos da categoría, tamén aspirante a loitar polos postos de playoff, o ARRIVA AD Alcorcón FSF. Encontro moi competido e igualado durante todo o xogo no que comeza poñéndose por arriba no marcador o conxunto rival e continúa na mesma dinámica ata o minuto 40, cun resultado final 3-3 e moita emoción dende o minuto 1 ata o 40.
Comeza o espectáculo xa nos primeiros minutos de xogo, cun gol de Laura dende a área tras un saque de esquina no minuto 3. Despois do bajón dun primeiro gol encaixado nos primeiros minutos domina o partido o Alcorcón ata o minuto 5 no que comezan a apertar as locais e chega o gol do empate cun remate de Débora desde a área a pase de Patricia. Nunha primeira parte con moito ritmo e tensión, chega a sexta falta do Burela no minuto 15 que lanza Vane Sotelo e desvía co pé Caridad, frustrando o segundo das madrileñas. Continúa a tensión e no 18 chega a sétima falta das locais que volve salvar unha enorme Caridad. Nun minuto 20 frenético chega a sexta falta do Alcorcón e o segundo tanto do Burela cun lanzamento de Emilly, xusto antes da oitava falta das mariñás e terceiro paradón de Caridad.
A segunda parte preséntase da mesma maneira que a primeira, no minuto 23 Peque non perdoa e empata o encontro cun golazo tras un acertado saque longo de Etayo. Desenrólase o xogo parello, pero con máis momentos de dominio das visitantes e chega o 2-3 cun gol de Sara despois dun pase picado de Peque. Con moitos intentos, pero non moito tino, no minuto 35 Julio Delgado aposta polo xogo de cinco saíndo Cilene a presionar coa elástica verde. É no minuto 40 cando as burelenses logran empatar cun remate de Patricia desde a área tras unha boa acción de xogo de cinco.
A semana que vén as Pícaras disputarán a terceira xornada ante o recentemente ascendido Guadalcacín no pavillón municipal co mesmo nome ás 18.00h da tarde.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS FS 3-3 ARRIVA A.D. Alcorcón FSF
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Cami, Patricia, Débora, Emilly- cinco inicial-, Cilene, Antía Pérez, Carolina Pedreira, Dany (C), Noelia Montoro, Dinha. Entrenador: Julio Delgado.
ARRIVA A.D. Alcorcón FSF (3): Etayo; Aída de Miguel, Peque, Albita, Vane Sotelo -cinco inicial-, Sara, Laura, Tania Benito, Noe, Ana Sanz, María B. Entrenador: Raúl Castro “Piru”
Goles: 0-1, min 3: Laura. 1-1, min.6: Débora. 2-1, min.20: Emilly. 2-2, min.23: Peque. 2-3, min.28: Sara. 3-3, min.40: Patricia.
Árbitros: Sergio Sánchez Llorente, Víctor Toca Campo, Adrián García López, Eva López Seijas.
TA: Julio Delgado e Antía Pérez