Xove, 13 de setembro, 2024. A fin de semana pasada celebrouse nos Campos Federativos da Federación Galega de Bolos en Nigrán o Campionato de España de Veteranos e Superveteranos de Bolo Celta.
Participaron arredor de 30 xogadores de Asturias, Galicia e Madrid.
Na categoría de Superveteranos (maiores de 65 anos) o resultado non puido ser mellor para o Club de Bolos Xove.
O gran campionato de Marcelino Rodríguez (Chucas) comezaba o sábado pola maña, cando se impuxo a todos os participantes na fase de clasificación, tirando máis de 500 bolos.
Unha vez nas eliminatorias a xeira seguiu adiante impoñéndose a José Ramón Martínez, de Bolos Portamean de Baiona, en cuartos de final, a Alfredo Campo do Centro Asturiano de Madrid e finalmente ao gondomareño José Rodríguez, quen é na actualidade un dos xogadores máis laureados deste deporte, contando no seu haber con Campionatos de Galicia, de España, Intercontinentais.
Destacar a boa forma física de Marcelino aos seus 66 anos, envexable para moitos o que fai que manteña un alto nivel de xogo de bolos.