Viveiro, 9 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro acolle desde o mércores e ata o domingo, día 15 de setembro, o III Torneo de Pádel Concello de Viveiro.
Na presentación do campionato participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.
Haberá varias categorías: Primeira Masculina; Segunda Masculina; Terceira Masculina; Mixta, e Feminino.
“O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades en Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece “o traballo do Club de Pádel Ego de Viveiro.