Xove, 30 de agosto de 2024. O vindeiro 6 de setembro remata o programa de conciliación do Concello de Xove, ‘Xove Concilia Verán’.
O Concello pono en marcha a medida para axudar á conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias de Xove durante o período de vacacións escolares. O programa comezou o pasado 1 de xullo e chegará ó seu remate o vindeiro 6 de setembro, cunha participación dun centenar de menores de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.
Durante este período, e en horario de 8:45 a 14.00h., o programa traballou os valores, a igualdade e a xestión das emocións dos nenos e nenas. Fixeron varias excursións á praia, traballaron con contos, contacontos, e con multitude de xogos.
Así mesmo participaron en xogos deportivos e de motricidade, estes últimos para os máis pequenos, e asistiron a actividades ó aire libre: obras de teatro, funcións de maxia e contacontos.
Este venres, 30 de agosto, o Alcalde e as Concelleiras de Xove fixeron entrega dos diplomas de fin de curso á tódolos/as participantes do Xove Concilia Verán 2024.