FOZ.- O PP focense cuestiona “a pouca transparencia a dubidosa honradez e a pouca seriedade” do alcalde de Foz, José María García Rivera e anuncia que presentará unha moción para que se rescinda o contrato a empresa que ten adxudicado o mantemento do alumeado municipal por incumprir as condicións do contrato. Según afirma o PP a concesionaria subcontratou servizos a outras empresas entre as que está a da do “marido da concelleira Rosa Alonso” que leva “facturado do concello máis de 12 mil euros”.
O PP tamén asegura que Rivera “pretende conseguir dous soldos para dúas concelleiras do PSOE e afirma que o fillo do concelleiro de obras e un dos oficiais que contratou Gestagua, tamén o marido dunha persoa que foi nas listas do PSOE. Así mesmo di que outra persoa que foi nas listas socialistas entrou coma limpadora e agora está como auxiliar administrativo e que o director da escola taller, é un membro da executiva local do PSOE”
NOTA DE PRENSA
As actuacións de Rivera, demostran que o que lle gusta e mentir enganar e manipular a realidade.
O PP, no próximo Pleno presentará unha moción, na que solicitará a rescisión do contrato da empresa que leva o mantenemento do alumeado, por incumprimento das condicións nas que foi dado.
Quedaba claro que a empresa que resultase ganadora da concesión non podía subcontratar o servicio de mantenemento, e esta empresa si o fixo, subcontratando primeiro a empresa Otelec de Foz e logo a o marido da concelleira Rosa Alonso, demostrando a pouca transparencia a dudosa honradez e a pouca seriedade de Rivera por non ocuparse po lo que todos os veciños lle pagan, que e velar por os intereses do concello.
Pero queda demostrado a que veciños defende Rivera , si non que o valoren o resto dos veciños que non están relacionados aquí.
o Pretende conseguir dous soldos para dúas concelleiras do PSOE.
o Por facer traballos eléctricos e outros, a empresa do marido da concelleira leva facturado a primeiros de ano mais de 12.000 euros.
o O fillo do concelleiro de obras e un dos oficiais que contratou Gestagua.
o O outro oficial que contratou Gestagua e o marido dunha que foi nas listas do PSOE.
o Nas oficinas do concello, outra que foi nas listas do PSOE entrou coma limpadora e agora ta como auxiliar administrativo.
o O director da escola taller, e un membro da executiva local do PSOE.
Creo que poderiamos seguir demostrando a cantidade de xente relacionada co PSOE de Foz, directa ou indirectamente que esta beneficiándose de cartos públicos para ter un soldo. Creo que xente doutros partidos ou xente que non e de ningún partido tería que ter os mesmos dereitos e as mesma facilidades para acadar un posto no concello de Foz.
¿ ESTA E A HONRADEZ, A TRANSPARENCIA, E A SERIEDADE QUE PREGOA O SEÑOR RIVERA?.
O PP aínda que a situación da corporación e favorable a Rivera , non deixará de fiscalizar e denunciar todos aqueles actos que vexa de dudusa transparencia, legalidade e honradez que faga o Sr. Rivera.
Rivera ten que demostrar que non e suficiente ser honrado si non que tamen ten que parecelo e con estes feitos os veciños de Foz teñen difícil facer un xuízo favorable.