As mozas e mozos que teñan interese en participar na creación da obra entre o 9 e o 15 de setembro poden inscribirse mandando un correo electrónico a xuventudeviveiro@gmail.com
Viveiro, 28 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro acollerá a realización do mural “Cando o río soa” de Raúl de Carmen. A obra resultou gañadora do concurso de murais People and Planet, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e Viveiro foi o Concello elixido para a súa realización.
O artista solicita a colaboración da mocidade de entre 15 e 35 anos que queira participar nas sesións e aportar a súa visión. As mozas e mozos que teñan interese en participar poden inscribirse mandando un correo electrónico a xuventudeviveiro@gmail.com
As persoas participantes inmortalizarán, xunto a Raúl de Carmen, o mural “Cando o río soa” en Viveiro entre os días 9 e 15 de setembro, na fachada do Local de Ensaio ubicado na rúa das Lavandeiras.
O concurso People and Planet do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade tivo como temática o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible da ONU número 6: Auga Limpa e Saneamento.