Barreiros, 22 de agosto, 2024. ste acto suspendeuse hai un mes por mor do mal tempo que impedía a súa celebración; agora, retómase: A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, a unha comida de confraternidade e a un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. “Queremos celebrar con todos e todas vós este importante logro e amosarvos, en persoa, o espazo que, grazas a vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar”.
Data: 1 de setembro, domingo
Lugar: Santo Estevo do Ermo, Barreiros
Hora: A partir das 14:00 horas
Programa:
14,30 h: Comida. Cada participante debe levar a súa propia comida. Será unha oportunidade para compartir e gozar dun ambiente de compañeirismo e celebración.
17 h (aproximadamente): Paseo pola fraga de Santo Estevo. Durante a visita, poderase coñecer en detalle o espazo natural e arqueolóxico que estamos a preservar, incluíndo os restos da antiga igrexa e o xacemento medieval.
Para facilitar a organización do evento, rogáse confirmación da asistencia enviando un correo electrónico a fundacion@eiradaxoana.gal antes do xoves 29 de agosto.