A obra, que consistiu na colocación dun novo peche da pista con porta de paso, canastras e porterías, tivo un orzamento de 25.540,07€
Burela, 20 de agosto de 2024. O Concello de Burela renova as pistas deportivas do parque Rosalía de Castro, cunha obra que tivo un custo total de 25.540,07€.
A actuación consistiu na desmontaxe do peche da pista que existía ata o momento e a colocación dun novo, que inclúe unhas novas canastras de baloncesto, porterías e porta de paso.
“Seguimos mellorando as infraestruturas da vila e traballando para que a rapazada teña espazos de lecer”, sinala o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
O edil considera que “a mocidade de Burela vai desfrutar e dar moito uso a estas instalacións renovadas”. “Seguiremos investindo na nosa xuventude e adecentando os seus lugares de ocio”, engade.
“Cabe destacar así mesmo que se trata de material antivandálico, instalado co obxetivo de evitar os destrozos que se sucedían día tras día nas instalacións”, apunta Fernández Rey.
“Agardamos que se faga un uso responsable e axeitado da novas canastras e porterías, para que permanezan no tempo no mellor estado posible”, conclúe.