A xove xogadora ferrolá incorporouse esta semana á plantilla do conxunto mariñao
Burela, 16 de agosto, 2024. Cristina Lourés Casal, Cris Lourés, de 22 anos e natural de Narón (A Coruña) incorpórase ao plantel do conxunto feminino do Pescados Rubén Burela FS para esta tempada 24/25 na que o equipo mariñán se verá reforzado con catro xogadoras novas que seguro contribúen a ese intento de levar, unha vez máis, todos os títulos posibles da primeira categoría de futsal feminino en España. Cristina comeza a xogar a futsal aos 4 anos en O Parrulo FS ata os 11 que se pasa ás categorías inferiores do Fervenza FSF onde continúa medrando como deportista durante 6 anos. Na tempada 20/21 ficha polo Viaxes Amarelle onde xoga ata este ano.
Falamos coa moza xogadora galega sobre o que máis lle atrae de xogar neste club, “o que máis me atrae sen dúbida é poder ser profesional e aprender e traballar coas mellores xogadoras do mundo. E por suposto tamén probarme e adestrar ao máximo nivel.” Sobre o que espera levar e achegar ao equipo, “Sobre todo as ganas e ilusión, o traballo diario. Espero seguir formándome como xogadora, tanto nos aspectos técnico-tácticos como físicos. En todos os ámbitos para poder render ao máximo nivel. Os seus obxectivos para esta próxima tempada, “Medrar en todos os sentidos, tanto no físico, como mental e tácticamente. Acabar o ano sendo mellor xogadora do que cheguei.” Cara á afección, “Que sigan apoiando e animando como ata agora, estou segura de que será outro ano cheo de éxitos”.