Barreiros, 12 de agosto de 2024. O vindeiro mércores, 14 de agosto, a partir das 19:30 hora no campo de fútbol do Cascabeiro terá lugar a VI Festa do Ovo Frito, que organiza o CF Celta Barreiros e coa que colabora o Concello barreirense.
A cea estará composta de 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e bebida. O prezo será de 12 euros por persoa. Aínda que na venda anticipada será de 10 euros. Os tíckets poden mercarse aos membros da organización ou no bar Miramar.
A Festa do Ovo Frito contará con música. Haberá folk de taberna a cargo de Con faldas y a lo loco. E tamén verbena a partir das 21:30 horas con Dúo Marineda e Disco móvil Alejandro Martínez.
Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este mércores a saborear unha exquisita cena e a pasar unha tarde-noite diferente na VI Festa do Ovo Frito”.