Nota de Prensa
BARREIROS ACOLLE MAÑÁ SÁBADO A XUNTANZA PARA OS MAIORES DO CONCELLO. HABERÁ MISA, ACTUACIÓNS MUSICAIS, XANTAR E SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS ASISTENTES.
Barreiros, 22 de outubro de 2010. Barreiros acolle mañá 23 de outubro a Xuntanza para os maiores do concello. O encontro está dirixido aos pensionistas de máis de 60 anos que acudirán acompañados do seu cónxuxe.
Os actos darán comezo ás 12 con misa solemne na igrexa parroquial de San Cosme. A partires das 13 horas terá lugar unha actuación do grupo folcklórico O Arco da Vella e xa para as dúas da tarde está previsto o xantar no polideportivo municipal de Barreiros, que estará amenizado por un grupo musical e no que haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O encontro está organizado polo Concello de Barreiros. O alcalde, Alfonso Fuente, agarda que “todos os nosos maiores disfruten da xornada”.