Ribadeo, 6 de agosto de 2024. Remataron as obras de mellora do Cargadeiro. O investimento ascendeu a 32.000 euros. O alcalde, Dani Vega, aposta polo mantemento constante deste espazo turístico co fin de evitar o seu deterioro.
O rexedor explicou que “remataron as obras da mellora do Cargadeiro. Desde logo estamos satisfeitos do traballo que se fixo, xestionamos en primeiro lugar un orzamento de 32.000 euros para mellorar e mimar todo un entorno medio ambiental, un pulmón importante para Ribadeo, un espazo turístico, e desde logo cando chegábamos ao Concello, encontramos que realmente estaba moi abandonado e non podíamos permitilo. E o que fixemos foi xestionar primeiro o orzamento e despois realizar as obras”.
Vega subliñou que “todos os danos que había na estrutura do Cargadeiro resolvéronse, tamén se mellorou todo o mobiliario, as infraestruturas do alumeado público, que estaban danadas tamén as melloramos, eliminamos todos eses grafites, eses adhesivos, esas pintadas, os danos nos paseos, as vagonetas que estaban en mal estado, en definitiva, melloramos todo un entorno que para nosoutros é moi importante”.
E engadiu: “nesa liña é na que vamos seguir, mellorando, mimando e coidando o que é de todos, e desde logo a nosoutros parécenos moi importante que o Cargadeiro teña un mantemento no tempo, é dicir non é arranxar agora e abandonar despois. Agora hai que conservar e hai que mimar todos estes espazos durante os anos vindeiros. Polo tanto, estes 32.000 euros significan unha posta clara por conservar o que de todos”.