En concreto, abordaron a seguridade do San Lourenzo, que dará comezo a próxima semana, así como da Festa Normanda, que se celebra a finais de mes. Asistiron a esta Xunta de Seguridade responsables locais e da organización, membros da Garda Civil e Subsector de Tráfico, Policía Autonómica e Policía Local. A subdelegada fixo un chamamento aos veciños e veciñas de Foz para seguir as normas establecidas e que “podamos gozar das celebracións estivais priorizando a convivencia e sen incidentes que repercutan negativamente nos festexos”.