Mañón, 23 de xullo, 2024. Coa impresión de ter conseguido de longo o obxectivo inicial, Nordés valora positivamente os resultados da Andaina Solidaria celebrada este sábado pasado 20 de xullo en colaboración co concello de Mañón.
Aos máis de 50 camiñantes, quenes pagaron entre 10€ e 15€ para participares, uníronse ca erca de 30 donantes a través do “dorsal 0”, o que levou a acadar algo máis de 1000€ que serán entregados a unha ONG ou institución que traballe a prol da infancia de Gaza tal e como estaba anunciado.
Nordés quere agradecer a toda a xente que participou dunha forma ou outra a súa solidariade, así coma ao concello de Mañón a súa colaboración desinteresada e necesaria para que todo saíra ben, ademáis da súa aportación en forma recursos materias, humanos, xunto con auga e agasallo dunha bolsa que foron entregadas xunto cos dorsais a quenes saíron da praza do Mesón do Barqueiro para facer o roteiro que nun principio ía ser de 5 kilómetros, pero que remataron sendo 7 unha vez que ser percorreron algunhas das rúas do pobo aproveitando que o día estaba para camiñar.