Cervo, 23 de xullo, 2024. Dentro da programación de Enredando no Verán, hai tamén clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida.
A tenente de alcaldesa, Mali Méndez, visitou unha das sesións que imparte a especialista Nuria Torrado no pavillón da Veiga, en San Cibrao.
Martes, ás 12:00 horas para as crianzas de 6 a 9 anos
Xoves, ás 12:00 horas para as crianzas de 10 a 12 anos
Son múltiples os beneficios do Ioga desde as idades máis temperás, entre eles:
-Aprender a respirar.
-Fortalecer os músculos.
-Obter maior flexibilidade e equilibrio.
-Mellorar a concentración.
-Adquirir conciencia do seu propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes.
-Estimular a súa creatividade e imaxinación.
-E ademais comparten un anaco do máis divertido entre amigos/as