Os veciños poderán levar os restos de podas
Viveiro, 20 de xullo de 204. Dúas novas biotrituradoras servirán para mellorar os traballos de xardinería do persoal municipal e a xestión de certo tipo de residuos no punto limpo do Concello de Viveiro.
Estas biotrituradoras serven para triturar os restos leñosos procedentes de podas ou desbroces: ramas de árbores, viñas, arbustos ornamentais ou restos de xardinería.
O material resultante é ideal para os composteiros, mesturado con restos orgánicos, e tamén pode utilizarse para protexer as raíces doutros árbores.
“Unha delas estará ubicada no punto limpo, para o que licitaremos en breve unha obra de mellora que inclúe a xestión de biomasa, e así os veciños poderán ir ali a depositar os restos de poda”, explica Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente.
“A outra estará coa brigada de parques e xardíns para facer máis eficiente e sostible o seu traballo, evitando os acopios”, engade.
O concello conseguiu para as biotrituradoras unha subvención financiada con fondos europeos Next Generation, dirixida ás entidades locais galegas para o financiamento de actuacións municipais en materia de biorresiduos.