Xove, 20 de xullo, 2024. O Partido Socialista de Xove informa que o pasado luns comezou a campaña de desbroce de cunetas das estradas da Deputación no concello, unha vez arranxados os problemas debidos á demora na contratación coa empresa que tiña adxudicado este servizo.
A estas alturas xa están desbrozadas a de Faro a Esteiro a Vara o Cruceiro e Fontao.
“Esperamos así que para finais de este mes estean todas limpas”.
Hai que salientar a xestión da concelleira do PSdG-PSOE de Xove, que reclamou ao presidente da Deputación que se activara este servizo.
Rogelia Mariña ten xestionado con a deputación a reparación de estas estradas nun convenio co Concello que se agarda poda asinarse en breve.
“Nestes últimos anos onde o Partido Socialista estivo ausente da Corporación en Xove, tanto o PP coma o BNG nada fixeron nin reclamaron, así nos encontramos agora cunhas estradas nunhas condicións lamentables, e tamén si é certo que non se facía a campaña de desbroce hasta finais de Agosto e algúnhas quedaban sin limpar, pero o Goberno e oposición de Xove nada fixeron, agora acórdanse. Os veciños e veciñas de Xove o saben ben, así que agora non fai falta explicarlles nada, xa o ven, excepto algun que quere criticar dende a distancia sin coñeemento do que sucede en Xove”.