Burela, 18 de xullo. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación do festival Osa do Mar, que se celebrará do 6 ao 8 de setembro en Burela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
No acto, que contou coa actuación do grupo Abril, O responsable provincial valorou a traxectoria do festival que cumpre dez edicións, remarcando “a súa orixe no tecido asociativo, na Asociación Cultural Fanto Fantini” e a aposta por “dar espazo as bandas galegas e a música en galego e tamén a artistas locais”
Neste sentido, explicou que “para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é prioritario dar apoio ás iniciativas do asociacionismo, ligadas ao territorio e á comunidade, que son as que teñen unha maior pegada cultural e social”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival Osa do Mar desde a primeira edición. Nesta anualidade, a área de Mocidade destina 14.000 á Asociación Cultural Fanto Fantini.
Apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto con membros da asociación organizadora, Fanto Fantini, e representantes doutras entidades colaboradoras.
Arias felicitou aos promotores, “porque grazas ao seu empeño o Osa do Mar figura entre os festivais de música máis consolidados no panorama da Mariña”. Remarcou que a cantidade de público que acude a Burela para desfrutar dos concertos xera un impacto positivo na economía local.