Na reunión do Grupo Popular que tivo lugar hoxe na Mariña lucense, o Grupo do PP anunciou os deputados que ocuparán novas funcións trala saída de Carmen José López que, ata agora, realizaba as funcións de vicevoceira primeira
Lugo, 17 de xullo de 2024. Os deputados populares Demetrio Salgueiro e José Ángel Santos ocuparán a viceportavocía primeira e segunda, respectivamente, no novo reparto de función do Grupo Provincial Popular trala saída de Carmen José López que, ata agora, exercía de vicevoceira primeira.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que este novo reparto de funcións “é o resultado do consenso dentro do equipo e ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento do traballo do mellor xeito e cunha rigorosidade máxima”.
Antonio Ameijide referenda esta decisión do Grupo Popular e afirma que “son as persoas idóneas para asumir estas funcións dado o seu amplo coñecemento da xestión municipal, do funcionamento da Deputación e da provincia de Lugo”.
Este acordo de todos os deputados populares realízase na procura “do mellor para a provincia” xa que “tal e como dixemos dende o día que tomamos posesión realizamos unha oposición construtiva, dando prioridade aos intereses de todos os veciños da provincia”.
Así mesmo aproveitaron esta reunión para organizar o traballo do equipo provincial na zona máis occidental da Mariña lucense, participando nesta reunión representantes alcaldes e voceiros do entorno. “O motivo de descentralizar as reunións de traballo e desprazar a todo o grupo provincial de xeito habitual pola provincia é coñecer de primeira man a situación real de cada comarca o que reforza a relación de apoio do Grupo provincial co resto de grupos municipais e compañeiros da provincia”, sinalou.