Vilalba, 15 de xullo, 2024. Os Bombeiros de Vilalba encargáronse de liberala, tralo que foi evacuada ao hospital de referencia.
Ocorreu no quilómetro 571 da A-8, na parroquia vilalbesa de Goiriz, e o 112 Galicia tivo constancia a través da chamada de varios particulares que circulaban polo punto, contra as 12:15 horas: un coche atravesara a varanda de seguridade lateral, acabando envorcado a varios metros de distancia da vía.
Os alertadores explicaron que a muller permanecía sentada no interior do vehículo. Aínda que nun principio sinalaron que podería saír polos seus propios medios, os bombeiros comprobaron cando chegaron que era necesario excarcerala.
A continuación, foi evacuada trasladada ao hospital a bordo dunha ambulancia.
Ademais dos Bombeiros de Vilalba, no operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os efectivos de Protección Civil e os servizos de mantemento da estrada.