Foz, 12 de xullo de 2024. Este sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) poderá desfrutarse do festival Coa Nosa Fala. A delegación de Cultura do Concello de Foz organiza este festival que “leva anos propagando a cultura galega e en galego. Os grupos convidados deste ano son: Mallou, dúo que xorde polo amor dos seus integrantes ás músicas de raíz e Habelas Hainas, catro mulleres con ampla traxectoria na música tradicional”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Os concertos serán no palco habilitado polo Concello e que vai a estar na praza Rosalía de Castro todo o verán para acoller diversos actos. Este palco foi adquirido coa axuda da Deputación de Lugo, “para que Foz siga traballando na cultura, sobre todo local”.
A concelleira de Cultura espera que “veciñ@s e visitantes desfruten da música galega nunha localización tan especial para Foz e nun día cheo de actividades co que comezan as festas do Carme”.