“Consideramos que veñen provocadas polas presas coas que Francisco Cajoto quere dar carpetazo canto antes o asunto, cuxa motivación nos resulta cada vez menos clara”
Foz, 10 de Xullo de 2.024. A Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz denuncia un novo episodio de “ocultación e mala fe por parte do Alcalde”.
“No seu afán de cerrar canto antes o asunto sen que sexa posible unha negociación previa cos afectados, o Alcalde de Foz deu un paso mais na súa fuxida cara adiante. Para elo, o venres 5 de Xullo celebrouse, convocada por el con inusitada urxencia, unha nova sesión da Mesa de Contratación , na que, de novo, o Sr. Cajoto e o único representante político presente”.
“Para que o pobo de Foz poida facerse unha idea do anómalo desta nova actuación, empezaremos por recapitular os últimos acontecementos”.
“Como é sabido, o día 2 de Xullo o TACGAL ditou unha resolución pola que se anulaba o acordo do Pleno do 30 de Maio. O día 3, despois de que a oposición o dese a coñecer a través dos medios de comunicación, o Alcalde afirmaba publicamente que no Concello non tiñan coñecemento de tal resolución. Unhas declaracións que parecen contradicirse co que ocorreu a continuación”.
“A partir de ese momento, a secuencia dos feitos, tal e como aparece reflexada na acta da Mesa de Contratación a que tivemos acceso, fala por i soa: o día 4, o presidenta da mesma – e dicir, Francisco Cajoto – requiriu a empresa CK Senior Gestión para que esta entregase información adicional, dándolle un prazo de cinco dias naturais para elo. Sorprendentemente, a empresa entregou ese mesmo día a información que se lle había pedido. Na mañá do 5, o Concello xa dispoñía dun extenso informe, redactado por un avogado de Santiago de Compostela, no que se avalía a documentación presentada por CK Senior Gestión o día anterior. O autor do informe, despois de examinala nun tempo case que seguro de récord, considéraa como válida e suficiente, concluíndo que a oferta non debe considerarse como anómala nin temeraria. Sobre desta base, as 13.30 horas do mesmo día 5, a Mesa de Contratación xa tiña tomado a decisión de volver a propor ó Pleno a CK Senior Gestión como adxudicataria da concesión”.
“Incrible: só nun día e medio, o Alcalde reclama información a empresa, esta entrégalla, un asesor externo analízaa, dáa por boa, redacta un informe, preséntao a Mesa de Contratación e esta – convocada sobre a marcha –, examínao e resolve tamén sobre a marcha. Nin un só voto discrepante e a ningún dos asistentes lle fixo falta tempo para revisala polo miúdo”.
“Diante destes feitos demostrables, que os cidadáns saquen a súas propias conclusións. En especial se ademais se ten en conta que, na licitación de 2.018, na Mesa tiveron representación tódalas forzas políticas – incluída a oposición – , e as súas sesións, anunciadas con días de antelación, celebráronse publicamente, podendo asistir a elas calquera interesado”.
“Cabe tamén sinalar que, quizais debido as presas, no informe do novo asesor externo colouse un dato interesante, pois nel pode lerse: “4º) A partir de estas previsiones estiman una rentabilidad final de los 7 años de un 8,7% antes de impuestos, debidamente fundamentado, que hace perfectamente viable la oferta presentada”. E dicimos que é interesante porque, si se examina o estudio de viabilidade sobre o cal se baseou toda a concesión, neste, dita rendibilidade estimase nun 6,64 %, que unha vez recalculada pola oferta a baixa realizada por CK Senior Gestión quedaría nun 4,74 %. E dicir, evidenciase que o Concello e os seus asesores saben e dan por bo que a rendibilidade da concesionaria será moi superior a estimada nos estudios – case o dobre da prevista nestes –, algo que a empresa logrará gracias a os abusivos e irracionais prezos que se pretenden impor a os usuarios”.
“Tendo en conta que este luns 8 a Concelleira de Asuntos Sociais se abriu a un diálogo de cara a estudar a constitución dunha mesa de negociación previa ao pleno, o máis axeitado sería que o alcalde non andivera con tantas presas outra vez mais. Esta actitude súa só pode interpretarse como un novo engano e un intento de manternos calados para poder continuar coa súa política de feitos consumados que nós vimos denunciando”.
A Plataforma pregúntase si o socio de goberno do Alcalde era sabedor de antemán de todo o que demos a coñecer á opinión pública neste e en anteriores comunicados. De non ser así, aceptando que “foron vítimas dunha manipulación similar á nosa, agardamos deles un novo posicionamento expreso, e a adopción de accións claras, decididas e inmediatas co fin de que, dunha vez, se reconduza todo o proceso”.