Como parte do campamento Somos Verán, realizouse un roteiro á praia do Portelo, tamén galardoada con este distintivo, que se repetirá ao longo do verán
Burela, 9 de xullo de 2024. O Centro Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza unha serie de actividades para celebrar a súa obtención, un ano máis, do distintivo da Bandeira Azul.
As actividades inclúense no marco dos campamentos Somos Verán, que se están a celebrar no CEIP Virxe do Carme dende o pasado día 1 de xullo.
Comezouse cun roteiro á praia do Portelo, que tamén conta con Bandeira Azul, e despois se realizou un xogo con toda a cativada para promover a reciclaxe e a recollida de lixo. A actividade repetirase nos campamentos ao longo do verán.
A concelleira responsable do centro Lina Gómez destaca que “a obtención da bandeira azul anímanos a seguir facendo actividades coma esta, coas que se promove a conciencia medioambiental entre a cativada e toda a veciñanza de Burela”.