Ata alí se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra. A vila prepárase para retornar ao pasado e render homenaxe á emigración do 12 ao 14 de xullo. Por diante queda unha semana para engalanar Ribadeo e para ultimar detalles.