Burela, 4 de xullo, 2024. A Sociedade Cultural Recreativa LEDICIA ven de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVIII FEIRA do BONITO, resultando gañadores:
Categoría A (ata 14 anos): Camilo Silva Larrosa
Categoría B (maiores de 14 anos): Maite Fernández Cendoya
O traballo da cat. A será o que apareza no programa de man, e o da cat. B o cartel anunciador da Feira.
E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirmase WALLS como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela.
A Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente, e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar adiante unha actividade deste calibre.