Cervo, 3 de xullo, 2024. O taller celebrarase do 5 ao 9 de agosto, e as persoas interesadas poden inscribirse e recibir máis información sobre o prezo -subvencionado parcialmente polo Concello- no teléfono 638 71 72 72 ou no correo telmocao@yahoo.es
O obradoiro deste artesá está instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, que lle fora cedida polo Concello de Cervo no ano 2020
O artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional.
Deste xeito promove un taller en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A inscrición, con prazas limitadas, xa se pode formalizar a través do teléfono 638 71 72 72 ou no correo telmocao@yahoo.es.
Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller no que realiza pezas únicas previo encargo.
A rexedora, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por esta iniciativa pioneira de compartir o seu talento e abrir as portas do seu taller a aquelas persoas interesadas na materia que terán o privilexio de achegarse a este mundo da man dun dos poucos profesionais que quedan en activo neste oficio que é parte importante do noso patrimonio”.
Cao ten o seu taller de forxa artística e escultura de metal na antiga nave de fundición de Sargadelos, que data do século XVII. Este espazo, que foi restaurado no ano 2017, foille cedido polo Concello de Cervo no ano 2020.