O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de xullo ás 12:00 horas a través do enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com
Lugo, 26 de xuño de 2023. A Vicepresidencia da Deputación impulsa un ano máis o Volante Deputación, un programa formativo e deportivo que ofrece a pilotos noveis a oportunidade de iniciarse na competición automobilística. A décimo terceira edición desta cita celebrarase o 13 e 14 de xullo no circuíto da Pastoriza, o único circuíto oficial destas características no territorio da provincia de Lugo.
O Vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes Efrén Castro e o director de PTC Escuela Antonio Solórzano presentaron este mediodía o evento no Pazo de San Marcos. Durante o acto anunciaron que se abre o prazo de inscrición mañá, xoves 27 de xuño ás 9:30 horas enviando a folla de inscrición ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com.
O programa, con 160 prazas, mantén o formato das edicións anteriores, cunha parte formativa na que as persoas participantes reciben un curso de condución para igualar e equilibrar os coñecementos entre uns e outros, e outra puramente competitiva, cunha proba cronometrada da que sae o vencedor do Volante Deputación de Lugo, que recibe como premio a participación como piloto titular no Rally San Froilán 2024, dentro da estrutura do equipo de competición PTC.
Efrén Castro destacou “a importancia de achegar eventos como o Volante Deputación a toda a poboación moza da provincia. Esta iniciativa ofrece a posibilidade de que pilotos noveis se formen e entren en contacto coa competición de forma gratuíta, alimentando desde a base a afección ao automobilismo que ten moito arraigo nas distintas comarcas”
“Dende a Vicepresidencia da Deputación apostamos polo deporte automobilístico e esta iniciativa súmase ao resto de axudas específicos para pilotos de rally que nos últimos anos beneficiou a un gran número de pilotos”, engadiu.
Inscricións do 27 de xuño ao 11 de xullo
O prazo para enviar os formularios de inscrición abrirase mañá, xoves 27 de xuño, ás 9:30 horas e remata o 11 de xullo ás 13:30 horas. As solicitudes, que estarán dispoñibles na web de PTC Escuela, deberán enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com.
Entre os requisitos de participación, figuran os seguintes:
– Ter entre 18 e 35 anos na data de celebración da selección (13 e 14 de agosto de 2024).
– Estar empadroado/a en calquera dos municipios da provincia de Lugo, con anterioridade ao 30 de xuño de 2024
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos de calquera trofeo, copa ou campionato de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, nos últimos 8 anos (2017-2024 ámbolos dous incluídos).
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos da xeral na clasificación final de calquera evento ou proba de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, nos últimos 8 anos (2017‐2024, ámbolos dous incluídos).
– Non ter gañado ningunha edición do denominado “Volante Deputación” ou outra selección de pilotos celebrada nos últimos 12 anos. (2012‐2023, ámbolos dous incluídos)
-Estar en posesión do permiso de conducir nas que sexa imprescindible telo (formación de competición, adestramento e rallie)
– Reunir, na data de celebración do Rally San Froilán do ano 2024, tódolos requisitos esixidos pola Federación Galega de Automobilismo para obter a Licenza de Piloto segundo a normativa para a expedición de licencias no ano en curso.
– Coa inscrición nesta selección, o solicitante autoriza a PTC Escuela a solicitarlle a Federacións e Órganos pertinentes, as certificacións oportunas para a comprobación dos puntos anteriores.
A inscricións dos participantes do Volante Deputación farase por orde de recepción do corre electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento, ata cubrir as 160 prazas dispoñibles.