Pese ao voto en contra dos socialistas, a proposta do Grupo Provincial Popular aprobouse co apoio dos deputados do BNG polo que “agardamos que o goberno provincial cumpra co acordo e inste ao goberno de Pedro Sánchez a realizar unha nova proposta que non elimine servizos e manteña aos lucenses illados”
Lugo 25 de xuño de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a postura de PSOE por querer que Lugo siga a ser a provincia máis illada de España ao votar en contra dunha proposta dos populares na que se pedía que a Deputación de Lugo instar ao Goberno do Estado a realizar unha nova proposta do novo mapa das liñas de transporte por autobús. Pese ao voto en contra dos socialistas, a iniciativa aprobouse cos votos a favor de PP e BNG.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, acusou aos socialistas de “tentar blanquear” os constantes ataques de Pedro Sánchez á provincia de Lugo e aos lucenses, tendo como último exemplo a proposta de eliminar 10 paradas na provincia.
Neste senso, Ameijide ve necesaria unha nova proposta que “non elimine paradas nin retire servizos” xa que á proposta do goberno de Pedro Sánchez o que di é que “van a incomunicar aínda máis á provincia de Lugo, a máis illada de España”. “Non se entende” esta proposta do Goberno central, que debe “sentarse a dialogar coas comunidades autónomas o alcance e contido dun novo mapa estatal” para o que consideran necesario convocar de forma urxente a Conferencia Nacional de Transportes.
É necesario que o Goberno central deixe de illar a Lugo e dote á provincia de todas as infraestruturas necesarias, como a chegada da Alta Velocidade ferroviaria, recuperar as frecuencias de trens perdidas, rematar as autovías a Santiago e Ourense, a autovía da Mariña ou realizar o necesario mantemento nas autovías xa existentes e nas Nacionais.
CIRCUNVALACIÓN NO BURGO
Antonio Ameijide lamentou a postura de PSOE e BNG de negarse a mellorar a seguridade na parroquia de San Vicente do Burgo ao non votar a favor da execución da variante da LU-P-2901 dende o PK 3,3 ata o 5,4.
Recordan dende o PP que este proxecto iniciouse cun goberno do PP á fronte da Deputación, no ano 2006. Incluso, en decembro de 2018 acadouse a unanimidade das tres forzas políticas da corporación provincial para iniciar, de forma urxente, todas as accións necesarias para poñer en marcha o proxecto de ensanche e mellora desta vía.
Este proxecto “é moi necesario” para poder mellorar a seguridade neste treito, que conta cunhas características moi especiais: ancho de vía moi estreito, alta densidade de circulación e moitos peóns na vía ao compartir percorrido co Camiño Primitivo.
“Este voto en contra non é un voto en contra do PP. É un voto en contra de mellorar a seguridade viaria e de mellorar a calidade de vida dos veciños desta zona que, seguen alertando de que calquera día vai a haber que lamentar un accidente grave”, sinalou.
Incluso, a pesar de realizar a execución desta variante sería convinte materializar tamén unha senda peonil paralela á vía no tramo que coincide co Camiño Primitivo.
ADHESIÓN DE MONFORTE AO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DEPUTACIÓN
Antonio Ameijide valorou a adhesión de Monforte ao Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo, “unha solicitude que cada concello decide libremente” pero que “neste caso consideramos que vén a pechar o círculo da contratación na Deputación de Lugo”.
O voceiro popular recorda que o Grupo Provincial Popular xa votou en contra da creación deste Tribunal “ata en tres ocasións” xa que vén a “solapar” as funcións do TACGAL, tribunal coas mesmas competencias a nivel autonómico e cun elevado grao de aceptación: Resolve 300 casos anuais, cun período medio de resolución de 14 días e ten unha altísima porcentaxe de aceptación e éxito, só acaban no xulgado o 6,8% dos casos examinados.
“Non vou a dicir que este Tribunal sexa para facer traxes a medida para as contratacións dos alcaldes socialistas, pero si que pode ser para que eses traxes senten mellor”, afirmou o popular.