Ribadeo, 24 Xuño, 2024. Intres antes das 14:30 horas desta tarde, un particular chamou ao 112 Galicia para informar de que a vitrocerámica da súa cociña estaba ardendo, na Avenida Rafael Fernández Cardoso de Ribadeo. Na mesma chamada indicaba que, pese a que o lume xa o conseguiran extinguir cun extintor, había moito fume no inmoble, onde se atopaban un total de tres persoas.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, Policía Local, Garda Civil de Lugo e Agrupación de Voluntarios de Ribadeo.
Trala súa chegada, co lume xa sufocado, os bombeiros explicaron que ardera a vitrocerámica e a campá extractora. Pola súa parte, as urxencias sanitarias indicaron que tiveran que atender a tres persoas, das cales unha delas foi trasladada.