A Mariña, martes 11 de xuño de 2024. O BNG mariñao fixo valoración dos resultados obtidos este pasado domingo que nivel galego son os mellores en 20 anos nunhas eleccións europeas, verificándose así que o BNG é unha forza política á alza que, proceso electoral tras proceso electoral incrementa o seu apoio social.
Medre do BNG
Na Mariña o BNG medrou tamén practicamente na totalidade dos municipios, consolidando así a súa presenza e ascenso na comarca nos sucesivos procesos electorais.
En palabras do responsable comarcal Antonio Veiga, “a consolidación do escano do BNG en Europa supón unha moi boa nova para a comarca, e para todos os sectores produtivos e económicos que a cotío sofren as consecuencias de moitas políticas e directrices e normas administrativas emanadas da U.E. lesivas para os seus intereses e para os da comarca, pois Ana Miranda foi e vai seguir sendo a voz que se alce en defensa deles”
Desde o BNG recordaron a implicación de Ana Miranda coa comarca e a súa presenza continuada nela tanto en mobilizacións ao lado do sector frente a proxectos prexudiciais para os sectores produtivos coma a eólica mariña, ou reuníndose cos sectores agrogandeiro e pesqueiro analizando a PAC ou a PPC.
Escano galego e escano mariñao
Este escano, é polo tanto tamén non só o escano galego senón o escano da Mariña, afirman desde o BNG, e aseguran tamén que a actuación nacionalista será en clave de país, e defendendo entre outras cousas que Galiza xestione de forma directa os fondos da Unión Europea, e con atención especial á comarca, que depende en gran parte das medidas que alí se adoptan con relación aos sectores produtivos que son clave como a pesca, o agro, a gandería, a horta….” E para eso alí Ana Miranda será a voz da Mariña en todos aqueles debates que nos afectan” afirmou Veiga.