O mércores 12 de xuño, ás 20,30, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” vaise presentar o libro de Ramón Mariño Fernández, “Fanzines en Galiza”, da editorial Laiovento. Presentará ao autor o Xermán Viluba. Organiza a A. C. Francisco Lanza.
![Presentación en Ribadeo de](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/06/i1270_758.jpg)
O mércores 12 de xuño, ás 20,30, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” vaise presentar o libro de Ramón Mariño Fernández, “Fanzines en Galiza”, da editorial Laiovento. Presentará ao autor o Xermán Viluba. Organiza a A. C. Francisco Lanza.
Fixeron o izado o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte; e a concelleira de Deportes e Xuventude, Cristina Iglesias, acompañados neste acto por Nacho de Esteiro Surfing e o socorrista José Ramón. O Delegado Teritorial da Xunta, Javier Arias, fixo entrega das bandeiras na praza do Concello.
O Centro Comarcal de Viveiro acolleu esta cita que contou coa presencia de adegueiros e sumillers que deron a coñecer viños co selo da IXP a hostaleiros e hostaleiras de Viveiro. As accións promocionais continuarán cunha cata en Barreiros o 12 de xullo.
Para facer uso destes contedores hai que solicitar unha chave: por teléfono no 98259201; por e-mail medio.ambiente@xove.es; acudindo as oficinas do Concello, no Rexistro. O venres 12 de xullo, ás 20h, na aula de formación do Concello farase entrega da chave, dun contedor pequeno e dous paquetes de bolsas biodegradables a todos os inscritos que soliciten facer uso deste servizo. A entrega irá precedida dunha breve charla na que se explicará como é o seu uso, respondendo todas as dúbidas.
Clasificación: SUB 15: 1º Las Titas Locas; 2º Sanci. SUB 17: 1º Cartagne Team; 2º Butifarras. SENIOR: 1º Uno; 2º Juanchis Team. Entregou as medallas a alcaldesa, Dolores García Caramés, que felicitou aos equipos gañadores e deu as grazas a todos os participantes que deron así o pistoletazo de saída as nosas Noites Alternativas.
Este curso vaise levar a cabo tamén os días 7, 16 18 e 19 de xullo. Está impartido pola Casa do Mel de Goente e financiado pola Deputación de Lugo. Colabora o Concello de Xove.
O nome do mariñao soa cada máis forte para estar na lista de xuíces nas Olimpiadas en París.
Un total de 100 nenos e nenas participan en cada quenda, con listas de espera para cada unha delas. “Unha actividade para favorecer a conciliación de 100 familias de Viveiro cunha alternativa de ocio saudable durante os meses de verán”, explica María Loureiro. O concello lembra ás familias que, tal e como establecen as bases de selección, as tres faltas de asistencia sen xustificación serán motivo de baixa na quenda correspondente, para dar a oportunidade aos nenos e nenas da lista de agarda.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital