O campo da Igrexa Vella converteuse en escenario de xogo para público de todas as idades, con multitude de propostas, desde a billarda ou as carreiras de sacos, ata as canaletas, os zancos ou a a comba. Tamén se realizaron demostracións e obradoiros de construción de enredos e xoguetes tradicionais. Iria Castro felicitou a Xotramu pola celebración desta xornada e polo traballo de recuperación e estudo do patrimonio lúdico que realizan.
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este domingo á Festa dosXogos Tradicionais organizada por Xotramu en Muimenta, unha xornada monográfica dedicada á posta en valor do patrimonico lúdico de Galiza
- Seguinte
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este domingo xunto á Alcaldesa de Guitiriz e Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, na VII Festa da Torta de Millo que se celebra durante todo o día de hoxe na praza guitiricense do Campo da Feira