Ribadeo, 29 de maio de 2024. Ribadeo seguirá a colaborar co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia tras o seu paso por Rinlo, onde realizaron revisións gratuítas da vista na xornada de onte.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “o Concello de Ribadeo e o Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas de Galicia queremos realizar unha rolda de revisións visuais no noso o pobo, concretamente en Rinlo, por iso lles damos as grazas, a moitos ópticos e optometristas voluntarios que de forma altruísta, gratuíta, viñeron a Ribadeo e quixeron facer ese consultorio médico local, utilizalo como un gabinete para que todos os ópticos realicen unha convocatoria con todos os veciños e revisar a súa visión”.
O rexedor dixo: “todo este equipamento que estivo na Escola Vella de Rinlo achegou a todos os veciños para facer esas revisións necesarias e ser ese proxecto piloto do Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas, que de forma voluntaria queren colaborar, neste caso co Concello, e con ese proxecto en Rinlo”.
E subliñou: “vamos seguir colaborando con eles, vamos seguir facendo actividades deste tipo, que son tan necesarias e tan importantes para as nosas vidas”.