Cervo, 27 de maio, 2024. O Porto de San Cibrao, a praia do Torno, e as instalacións cedidas polo Concello ao Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) no Polígono de Cuíña, foron os lugares elixidos para realizar as diferentes probas de validación tecnolóxica, coordinadas polo equipo de enxeñería do ITG, que despregou a súa tecnoloxía de unidade móbil de control de operacións con drons e varios vehículos aéreos non tripulados.
Os exercicios contaron coa participación do noso Grupo de Emerxencias Municipal (GES), ademais da empresa Nordés Tech (especializada na prestación de servizos e emerxencias a través do Dolphin 1+, o primeiro vehículo a control remoto no mundo dedicado a salvamento marítimo); e da empresa el Farero Audiovisuales.